Galicia faise promoción na Feira ITB de Berlín

A Xunta de Galicia, a través de Turgalicia, presentará a oferta turística da Comunidade para o mercado alemán dende este mércores e ata o domingo, día 11, na feira ITB de Berlín, un dos mercados turísticos máis importantes do mundo xunto co World Travel Market (WTM) de Londres e a Feira Internacional do Turismo de Madrid (FITUR).
Neste evento, Turgalicia fará promoción do novo mapa de geodestinos turísticos de Galicia e os 10 produtos cabeceira de marca, así como a oferta global e o Camiño de Santiago.

Así mesmo, fará fincapé nos produtos relacionados coa natureza e o turismo de costa, así como o turismo cultural, que xunto co Camiño de Santiago e as cidades galegas, son os aspectos turísticos de Galicia que máis interese teñen para os visitantes alemáns.

O alemán é o segundo mercado internacional máis importante para Galicia, xa que o 13 por cento dos estranxeiros que se aloxaron en establecementos regulados da Comunidade o pasado ano procedían deste país.

Te puede interesar