Gamesa deixará Galicia polo 'maltrato' no eólico

O presidente de Gamesa, Jorge Calvet, afirmou onte que a falta de criterio e as 'poucas ideas' á hora de lexislar en materia de enerxía eólica en España, onde a empresa non vendeu un aerogenerador dende marzo de 2009, os leva a afondar na globalización da compañía e saír 'fóra con máis ímpeto'. Así mesmo, tras sinalar que estudan diminuír a súa actividade industrial en Galicia e Cantabria, asegurou que non estarán 'onde non sexan benvidos', e mesmo abandonarán a comunidade galega por non ter recibido 'nen un megavatio' no concurso eólico.
Nun acto en Bilbao, Calvet criticou a 'falta dunha regulación clara e estable' da enerxía eólica en España e indicou que vai en 'en detrimento' dunha industria 'admirada máis alá das nosas fronteiras'. 'Non se pode lexislar sen criterio, non se pode desenvolver un marco de actuación con poucas ideas e, ademais confusas', afirmou Calvet. Neste sentido, afirmou que non pode ser posible que Gamesa non fora capaz de vender en España un só aeroxenerador dende marzo de 2009.

Te puede interesar