ENTROIDO

Marcos Macía: “É algo único poñer as nosas esquilas"

photo_camera Marcos Macía García, boteiro de Vilariño de Conso.

Os boteiros xa saíron á rúa. Levan semanas correndo diante dos fulións ou folións, en Vilariño de Conso e Viana.

Os boteiros xa saíron á rúa. Levan semanas correndo diante dos fulións ou folións, en Vilariño de Conso e Viana. La Región entrega hoxe as pegatinas adicadas estas figuras dun dos entroidos máis característicos da Galiza. Marcos Macía García é un deles, ao igual que o seu pai e o seu irmán. Na súa familia, as esquilas de Boteiro lévanse no sangue

Cando empezou a vestirse de Boteiro?

Eu herdei o de Boteiro. Empecei de pequeno. Con cinco anos, eu xa estaba vestido de Boteiro. O meu irmán, que é máis vello que eu, e o meu pai tamén. É algo único poñer as esquilas. Non sei describilo. É unha sensación que nos gusta. O levamos no sangue. Algunhas veces vou tocando, mais durante o ano, sempre vou de Boteiro dous ou tres días. Hai xente que sempre vai de Boteiro pero son moi poucos, a maioría cambia.

Os boteiros tamén bailan?


Depende do toque do bombo. Bailamos ao ritmo do Folión. No Concello de Vilariño de Conso, cada un ten o seu propio ritmo. Tamén corremos diante do Folión e moitas veces facemos baile. Normalmente, facémolo nos momentos nos que o folión se encontra parado.

No tempo de Entroido saen moitas veces. Como organizan as saídas?

Eu son do Folión de Chagoazoso. Antes, éramos catro ou seis boteiros. Agora so imos ser dous porque a poboación vai a menos. No Folión seremos unhas 20 ou 25 persoas. Xa levamos un mes ou máis saíndo. Aparece unha persoa a tocar o bombo no pobo e van sumándose os outros. A maioría das veces sin poñerse de acordo. Empeza un e van os outros. As veces, acordamos que toque o Folión tal día e se decide quen se viste de Boteiro mais a maioría das veces saímos sin telo programado. Tamén imos a outros pobos e intercambiamos visitas con eles. Ao final, acabas cansado, pois as caretas fanse moi axustadas á cara e algunhas veces máncante, aínda que como é algo que che gusta, non importa.

O ritmo dos folións é o mesmo sempre ou varía?

Cada folión toca diferente. Si hai veces que, cando nos xuntamos varios, ao mellor tocamos todos o mesmo, pero normalmente non o facemos. Xeralmente cada folión toca sempre o mesmo ritmo. Algunhas veces invéntase un folión novo e tócase algo, pero a maioría das veces tocamos o de toda a vida, o mesmo que xa tiñan os meus avós.

Cree que o interese polo Folión semella ir en aumento, como sucede en Trives ou Petín?

En Trives, o folión o inventou xente de Vilariño. O pobo de Veigas de Camba quedou sumerxido no embalse de As Portas e a maioría dos veciños foron a vivir a Trives e como levaban o folión no sangue empezaron a tocar.

Te puede interesar