ENTROIDO 2015

Antonio Sousa: “É un enorme orgullo atoparse en lisboa postais coa imaxe das Bonitas de Sande"

Entrevista entroido A bonita de Sande
11-2-15
photo_camera Antonio Sousa, unha das Bonitas que sairá o vindeiro martes.

As Bonitas, figuras máis representantiva do Entroido de Sande (Cartelle) sairá polo pobo o vindeiro martes.

Un trace colorido, composto por mantóns de manila que cruzan o peito, unha colcha de flecos que fai de falda e a cara cuberta cunha carauta de arambre tecido e pintada cun gorro de plumas, caracteriza o traxe das Bonitas. A figura máis representantiva do Entroido de Sande (Cartelle) sairá polo pobo o vindeiro martes.

De onde veñen as Bonitas?

Posiblemente os traxes foron traídos de Filipinas despois da guerra, a finais do século XIX, por algún militar que ben puido velos en representación festivas daquelas xentes, de aí o feito de vestirse con mantóns de manila. De Bonitas vestían os mellores mozos do lugar, sendo motivo de orgullo, e son as encargadas de velar pola orden, as guardiáns que protexen as representacións teatrais que se realizan na praza. O seu nome provén de que, dado que non tiñan nome, as xentes expresaran que eran moi bonitas e así quedou.

Cómo foi o proceso de recuperación do traxe?

O traxe se perdeu sobre 1955 aínda que o Entroido non chegou a desaparecer. Fixéronse intentos de recuperación en varias ocasións pero sen completar o traxe e, no ano 2008, dende a asociación de veciños propuxémonos recuperalo completo, coa axuda dos maiores do lugar, entre eles os meus pais. Hoxe, ademáis da festa do Entroido, tódolos anos facemos obradoiros para axudar ós veciños que queren facer o traxe.

Cómo é a celebración do Martes do Entroido en Sande?

É a celebración popular dunha sociedade rural enraizada no nacer da súa propia historia. En Sande o Entroido comeza sete días despois do San Antón, coa saída das abutardas (persoas disfrazadas con roupa vella e máscaras). O martes é o día principal. Pola maña sáese co meco nun carro, acompañado das Bonitas, para dar o percorrido polo pobo, saíndo tamén a Vaca, o Oso e as abutardas. Logo temos unha comida popular e pola tarde, na praza do pobo, fanse representación teatrais sempre con crítica ós acontecementos da sociedade.

Qué papel xogou a asociación na promoción das Bonitas?

Todo, foi quen recuperou o traxe. Os primeiros anos saímos polos desfiles da provincia para darnos a coñecer e grazas a iso agora invítannos de moitos lugares de fóra de Galiza, de Asturias ou Portugal.

Qué impresións ou anécdotas nos podes contar sobre esas viaxes?

Cando chegamos o ano pasado a Lisboa encontrámonos con postais das Bonitas de Sande e iso para nos é un enorme orgullo. A participación en desfiles e folións serviu para dar coñecer o traxe é direiche que gustamos moito, chama moito a atención a mestura da máscara de arame co gorro de plumas. Pero o  máis importante de todo é o aprecio que ten a xente á nosa cultura e o sentirnos recoñecidos fóra das nosas fronteiras, sendoun pobo pequeno.

Te puede interesar