Carnaval auténtico

5945d5e40909d7b7f4f7118f10e5df7a
photo_camera Grupo de rockeros en Ourense a mediados dos 80. (Foto Ana Vara.)

Esta fin de semana saldrán todas as figuras reivindicativas do Entroido: os Troteiros de Bande, os Boteiros do Bolo, do Cigarróns de Laza, os Peliqueiros de Verín, as Pantallas de Xinzo...

Ata nestes temas todo é cuestión de opinións e desde logo todas son validas. Existe o namorado do Entroido etnográfico, cas suas mascaras representativas e as súas tradicionais actividades e usos xa consolidados, caso dos Cigarróns de Laza, dos Boteiros do Bolo, os Troteiros de Bande, os Peliqueiros de Verin, as Pantallas de Xinzo, etc., etc. que tan merecidamente conseguiron elevar o interese de todo o país polo noso Carnaval.

Outros prefiren o Carnaval “organizado” de amigos, comparsas ou agrupacións que cunha temática común saen a escenificar o seu anhelo, reivindicación ou sinxelamente a pasear pola rúa. Recordo noutra etapa da miña vida que non me perdía as actuacións das agudas murgas ou afilarmónicas de Gran Canaria, emparentadas en esencia coas chirigotas gaditanas.

No meu caso prefiro o que eu chamo “Terceiro elemento” do Entroido: a Mascarita.

A Mascarita é unha persoa, indistintamente home ou muller (en moitos casos co disfraz, ese tema é algo difícil de identificar), que por causas descoñecidas nestes días de diversión transfórmase por dentro e por fóra. O serio oficinista convértese en sexy cabaretera, á caixera do Gadis atópascha co seu casco de bombeiro e o tan formal profesor dos teus fillos decidiu adoptar os hábitos clericais durante uns días e atópalo nos viños impartindo a súa bendición. Infinitas anécdotas poderíanse contar, ou mellor dito “non se deben contar”. Nestes días por Ourense no Tempo, han ido desfilando o bo de Pelis, o simpatiquísimo Miro M. Cerredelo incluso o gran “Rizo” na sua faciana de reportero grafico carnavalero, ademais de ter recuperado aos sempre serios membros da Comisión Provincial de Monumentos no seu papel máis divertido, como representación deses milleiros de ourensanos que deciden sacarse as penas e ata a vergonza de encima e só buscan como obxectivo sacar unhas risas dos seus veciños.

Outro ingrediente imprescindible do Carnaval son a cachucha, o lacón, as chourizas, a bica, as rosquillas, as orellas, as flores, bica, orellas, flores, bica, orellas, bica… Perdón xa engarrei co dulce, vou tomar un chupito de licor café pra baixalo… Que teñades un bo Entroido e, de todolos xeitos, non vos confundades: o Carnaval, pola súa propia razón de ser, non ten patróns, só unha obriga, divertirse, e un límite, o respecto.

Te puede interesar