Chandrexa de Queixa puido combinar o seu desfile coa neve

En busca de lugar acollido escapando da neve (foto: R.M.)
photo_camera En busca de lugar acollido escapando da neve (foto: R.M.)
O esperado desfile dos folións no Entroido de Chandrexa de Queixa veuse truncado onte pola inesperada intervención da borrasca Karlotta e a súa neve, obrigando a suspender o desfile programado para o mediodía

A xornada comezou co entusiasmo característico deste evento, co folión de Chandrexa de Queixa liderando o desfile como anfitrión, seguido polos folións de Petín, Vilamartín e A Veiga. Con todo, cando chegou a quenda de “Os Labregos”, a intensidade da saraiba aumentou e pronto se transformou nunha nevada que fixo inevitable a suspensión da actividade.

Pero unha vez no pavillón multiusos de Chandrexa, a festa non parou. Algúns folión como A Caniceira mesmo tocaron dentro, e o xantar previsto levouse a cabo demostrando que este contratempo non paraba a festa, con ou sen desfile.

Te puede interesar