Entroido 2023: Dez folións desfilan en Chandrexa de Queixa

OURENSE (Trives) 12/08/2018 Desfile de Folións. .Iago Cortón
photo_camera Desfile de Folións en Trives.

O sábado 18 de febreiro, a localidade de Chandrexa de Queixa vístese de cores festexando o seu día grande de Entroido. 

Ás 12,00 horas dará comezo o seu desfile de Entroido coa participación de arredor dunha ducia de folións. O folión queixalao estará acompañado polos triveses A Caniceira, As Maceiras, A Lardeira e Os Labregos, o caldelao folión do Irrio, Os Arrieiros de Petín, o Folión de Petín, o folión da Veiga e os Viticultores de Vilamartín.

O desfile percorrerá o centro da vila rematando no patio do colexio. Alí, no pavillón polideportivo, ás 14,30 horas festéxaso un xantar popular a base de empanada, chourizo e orellas, coa bica de postre.

Tralo son e colorido dos folións, o ritmo continúa en Chandrexa de Queixa, pero desta volta a festa será amenizada pola actuación do Dúo Eclipse.

Te puede interesar