O Entroido alza o voo coas comadres e coas charangas en Ourense e Barbadás

Un neno esquiva o ataque dunha compañeira. XESÚS FARIÑAS
photo_camera Un neno esquiva o ataque dunha compañeira. XESÚS FARIÑAS
A troula comezou onte e non parará ata o martes na cidade e na área metropolitana

O Xoves de Comadres fixo que o Entroido despegase definitivamente na cidade e en Barbadás. Xa pola mañá, “o ambiente entroideiro” ocupaba rúas e prazas, pero concentrábase en dous puntos concretos, a Praza Maior de Ourense e a Praza Vella da Valenzá. Nestes dous enclaves celebráronse as tradicionais regueifas de comadres e os protagonistas foron os máis pequenos. Se o pasado xoves, eran elas as que protexían os seus “compadres” do ataque dos nenos, onte foron as nenas as que esnacaron os mecos dos seus compañeiros. Eles amosaron o seu repertorio de recortes e caneos para evitar que as “comadres” foran esnaquizadas sen piedade polas nenas.

Para os maiores, a troula empezou polo solpor. As charangas irromperon nos viños con ritmo entroideiro. Trópico de Grelos e BCB interpretaron as pezas máis clásicas do Entroido para o deleite dos que, disfrazados ou non, estiveron gozando do primeiro dos seis días de “festa rachada” que se espera por toda a provincia. A medianoite foi a quenda da orquestra Claxxon, que deu un concerto na Praza Maior, mentres que o fin de festa correu a conta do DJ Alavama ICE, que pinchou durante máis dunha hora para os máis trasnoitadores do Xoves de Comadres.

Te puede interesar