Un Entroido de memoria en Éntoma

De esquerda a dereita, Lidia, Mercedes, Raúl, Flora e Elisa, contas as súas vivencias do Entroido.
photo_camera De esquerda a dereita, Lidia, Mercedes, Raúl, Flora e Elisa, contas as súas vivencias do Entroido.
Zamarreiros e Furracas, xunto ca fariña, forman parte das lembranzas do Entroido de Éntoma (O Barco), nunha época difícil, onde a festa estaba prohibida. A unión de todos os veciños fixo que perdurara no tempo e morrera con él, a comezos dos 80. 

O domingo, cara as cuatro da tarde, os homes xogaban a partida. As mulleres comezaban a asomarse polas portas do bar, e empezaban as miradas entre uns e outros… Os homes pousaban as cartas, ollaban cara as fiestras, e así iniciaba o Entroido”. Buscaban unha saída porque “a cousa era que non te colleran, tiñas que escapar”. 

Elisa, Flora, Mercedes, Lidia e Raúl son cinco veciños da localidade de Éntoma, no concello do Barco, que levan na súa lembranza coma un tesouro, unha festa que desapareceu chegados os anos 80. “Non había festa coma o Carnaval” conta Flora, “e celebrábase porque todo o pobo estabamos a unha, facíase por riba de todo” afirma Raúl; nunha época de dictadura na que estaba prohibida coma celebración pagana, e onde tapar a cara “era case terrorismo”. “Ao día seguinte do Carnaval, o cura nos poñía en fila e nos pegaba”. 

Dúas figuras eran as protagonistas da troula. Os Zamarreiros, homes que “se vestían con cousas para non ser recoñecidos” di Elisa, “e nós, as mulleres, facíamoslles roupa, pantalóns e outras cousas”. Levaban un “zamarro”, feito cun trapo cun nudo na punta, “que mollado facía moito dano, por iso non querías que te colleran”. Moitos deles, coma o pai de Flora, “metía ourizos de castaño no forno e poñíanos nun saco á espalda para achegarse á xente e pincharlle”, recorda. 

As mozas, “disfrazabamonos de Furracas, e tapabamos a cara cunha sábana”.  Cando caía a noite, colábanse nas casas a facer bromas, algunhas un tanto pesadas, “como cando tiraron o caldo que a Obdulia cociñaba e o Florencio tivo que ir co rebaño das cabras o día seguinte sen almorzar”. 

Conta Raúl que as terras de labranza tinguíanse de cor branca. Enormes cantidades de fariña cubríano todo, “e eras capaz de tirarte ao río antes de que te colleran”. Tamén tinguían as mans de negro nas bocas dos fornos “ou nas sarténs das cociñas” para manchar ao que se atopaban. Nos anos 60 e 70, “a xente viña a Éntoma a celebrar o Entroido”. 

Para enterrar á sardiña “os homes saían de enterro”, conta Raúl. “Elexíase un cura e un monaguillo. Un ano meteroa á Esperanciña nunha estructura que se usaba para o abono das vacas, e a veneraban coma unha santa. Morreu a abuela, adeus abuela, berraban”. Nun tempo difícil, os veciños de Éntoma conseguiron que o seu Entroido perdurase, desafiando ás prohibicións cantándolle: “Por teñir a tres marmotas, me llevaron a la cárcel, por teñir a tres marmotas, non se leva preso a nadie”. 

Te puede interesar