O Entroido 2024 de Sande terá catro días de festa no mes de febreiro

SANDE (CARTELLE) 26/02/2022.- Cazar el oso en Sande. José Paz
photo_camera Caza del oso en Sande. José Paz
As bonitas, o oso, a vaca e as avutardas son as protagonistas das celebracións nesta parroquia de Cartelle

A Asociación Cultural Entroido As Bonitas de Sande xa ten todo a punto para vivir o Entroido do 10 ao 13 de febreiro. Nesta parroquia do concello de Cartelle, o oso será o primeiro en saír a escena coa súa procura e caza, o sábado día 10 de xaneiro, polas adegas de Mogos. 

A cita arrancará cun xantar popular a base de churrasco, chourizos, pan, sobremesa, bebidas e licores, e contará coa animación musical dos gaiteiros “Somos nós”. Pola tarde, está prevista a saída e captura do oso e a posterior degustación da sopa da pedra.

Ao día seguinte, Domingo de Entroido, as bonitas farán a súa aparición polas aldeas da parroquia, sen faltar á cita cos fregueses á saída da misa ás 10,15 horas. O luns día 12, o colectivo volverá propoñer a noite de “folión”, como nos vellos tempos;  mentres que o Martes de Entroido, as bonitas, o oso, a vaca e as avutardas percorrerán o pobo coa charanga Sorcha a partir das 12,00 horas, e ás 14,00 horas, comida popular con callos e lacón cocido baixo unha carpa que, pola tarde, acollerá música, baile e “os nosos números”.

O prezo de cada xantar é de 15 euros cada un, pero aqueles que reserven para os dous días, o prezo será de 26 euros. Os menores de nove anos, non pagan nada. A organización conta co apoio do Concello e dunha ducia de empresas.

Te puede interesar