Escolares de 20 centros de Xinzo participaron no Gran Desfile Infantil do Entroido

O Entroido dos nenos mostrou imaxinación e detalle tanto nos disfraces como nas coreografías que recorrieron as rúas de Xinzo

O Gran Desfile Infantil do Entroido de Xinzo de Limia tivo lugar este vernes, onde participaron preto de vinte centros de ensino e 1.500 escolares de toda a comarca da Limia. Uns datos que demostran o arraigado do sentimento polo Entroido de Xinzo a través da ledicia e da ilusión dos nenos de toda a comarca.

Durante o desfile, cuxo cartel foi deseñado por usuarias do PAI de Vilar de Santos, houbo acompañamento musical con varias charangas. Segundo Ricardo Sieiro, concelleiro de Festas, preténdese “impulsar un Entroido que poña no foco aos cativos, que son futuro e garantes da supervivencia das nosas tradicións máis ancestrais”.

Albus Dumbledore tamén estivo presente.
Albus Dumbledore tamén estivo presente.

Sen embargo, o Entroido non finaliza, xa que iste ano recuperase o tradicional “Sábado de Piñata”, unha das novidades desta edición do Entroido, que é o máis longo do mundo. Será hoxe, co  tradicional “Xogo da Cucaña” e a posterior verbena de “Mascaritas e Capuchóns”.

Para rematar, terá lugar o Domingo de Piñata, unha xornada na que os máis pequenos da casa pechan ao grande o Entroido con piñatas cheas de doces. 

Ningún neno de Xinzo quixo perderse o desfile.
Ningún neno de Xinzo quixo perderse o desfile.

Para finalizar a festa, ás 19,00 horas, actuación da orquestra Solara en O Toural e entrega dos premios do Gran Desfile de Entroido. A partir do luns, os gañadores poderán presentar a documentación no Concello para recibir o importe correspondente.

Te puede interesar