Todos os fondos recadados coa venda de entradas destinaranse á Asociación Española Contra o Cancro.
A gala solidaria na que se proxectará o documental "O noso Entroido" vén de esgotar todas as entradas dispoñibles. A actividade, que se desenvolverá o día 15 no Auditorio municipal de Verín, será a antesala á saída oficial dos cigarróns, que será o domingo día 16 de febreiro -Corredoiro-.
Todos os fondos recadados coa venda de entradas destinaranse á Asociación Española Contra o Cancro. Miguel Prieto Sotelo, "Chita", é o protagonista da peza audiovisual e tamén pregoeiro do Entroido.