ENTROIDO 2020

Miguel Prieto, “Chita", o pregoeiro no Entroido

O rexedor de Verín, Gerardo Seoane, e a concelleira de Cultura, Emilia Somoza.
photo_camera O rexedor de Verín, Gerardo Seoane, e a concelleira de Cultura, Emilia Somoza.
O pregón será o próximo 16 de febreiro ás 13,30 horas

Miguel Prieto Sotelo, "Chita", será o encargado de pronunciar o pregón do Entroido de Verín o vindeiro 16 de febreiro, ás 13,30 horas, na praza Maior. Un día antes, o Auditorio municipal acollerá, por primeira vez nestas datas, a celebración dunha gala solidaria na que se proxectará o documental "O noso Entroido". 

A peza audiovisual foi realizada por veciños verineses baixo a dirección do senlleiro entroideiro Prieto Sotelo, máis coñecido como "Chita". A trama do documental consiste nas manifestacións espontáneas do público ante o protagonista que percorre os puntos quentes do carnaval cunha misión: dilucidar cal é o mellor Entroido do mundo. Durante a actividade haberá actuacións musicais e o recadado destinarase á Asociación contra o cancro. A gala, que comezará a partir das 20,00 horas, estará conducida por Miro Mateo. 

Entre os asistentes se celebrará un sorteo de varias obras de arte de creadores da comarca de Monterrei: Fernando Barreira, Xosé Rivada, Manuela Álvarez e Rafa Castro.

Te puede interesar