O CARBALLIÑO

Os Felos de Maside levan o Entroido ó rural do Carballiño

As autoridades municipais pretenden que o Entroido chegue a todos os pobos, e por iso pon en marcha esta iniciativa para a mañá do martes de Entroido

O Concello de Carballiño amplía a programación do Entroido ao rural cos Felos de Maside realizando unha ruta dacabalo polas parroquias. As autoridades municipais pretenden que o Entroido chegue a todos os pobos, e por iso pon en marcha esta iniciativa para a mañá do martes de Entroido, que é día festivo local. Así, o 9 de febreiro, e partir das 10,00 horas, empezará o recorrido desde o Instituto Número 1 do Carballiño. 

A ruta estará comandada por un grupo de Felos de Maside, que colaboran na organización, e irán ataviados coa súa vestimenta tradicional, ao igual que os cabalos que montan. Desde o Instituto continuarán ata Señorín, O Torrón, As Caldas, Partovia, O Covelo, O Penedo, Mesego e regreso por Señorín.

Nesta ruta poderán participar cantas persoas o desexen, pero deberán ir disfrazadas e os cabalos deberán ter micro-chip e seguro. 
O concelleiro de Cultura, Diego Fernández, pretende que cada ano se recorra unha parte das parroquias, cambiando a ruta en cada celebración do Entroido.

Te puede interesar