ENTROIDO 2020

Entroido en Viana: Festa rachada con boteiros, fulións e moita androlla

20200223213030581_resultado
photo_camera Ninguén quixo perder a oportunidade de se fotografar cos boteiros.
Ata 2.500 persoas participan nunha das citas gastronómicas máis antigas

Viana viviu onte por todo o alto o día grande do seu Entroido co desfile con xente chegada incluso doutras autonomías e coa tradicional Festa da Androlla para exaltar o produto máis típico da súa gastronomía. No pavillón e na carpa xuntáronse ata 2.500 comensais para deleitar os mellores manxares locais, logo dun desfile que percorreu as rúas de Viana ata a Praza Maior e no que participaron boteiros e fulións. 

Houbo agrupacións de Viana, Vilariño de Conso e concellos limítrofes que, como cada ano, non quixeron perder unha das festas con maior sona da contorna e unha das máis antigas de Galicia. 

De feito, a Festa da Androlla, que se celebra sempre no marco dun entroido que é un dos nove que conta coa distinción de interese turístico e tamén un dos que mellor demostran a súa capacidade para desestacionalizar, diversificar a actividade turística e, sobre todo, exaltar a gastronomía propia.

Te puede interesar