Gente mayor

Mantendo a tradición do Entroido

Verín recibiu ós usuarios da residencia San Martiño da Mezquita convertidos en hippies.
photo_camera Verín recibiu ós usuarios da residencia San Martiño da Mezquita convertidos en hippies.
A Fundación San Rosendo celebrou esta tradicional festa cos seus usuarios

Non quedou nin un só recuncho na provincia onde non chegase o Entroido. Colexios, aldeas, cidades... E tamén á Fundación San Rosendo, que celebrou esta tradicional festa de moitos xeitos diferentes. 

As residencias de A Mezquita, O Bolo ou Maside son algúns exemplos de como viviron os usuarios dos centros esta festividade. Mentres que os primeiros participaron no desfile de Verín convertidos en hippies, en O Bolo volveron á época medieval cos nenos do colexio, igual que fixeron en Maside, percorrendo as rúas da vila cos máis pequenos.

Te puede interesar