Moitas bágoas e cinsas no Enterro da Sardiña de Xinzo

Ambiente do Enterro da Sardiña na Praza Maior de Xinzo de Limia.
photo_camera Ambiente do Enterro da Sardiña na Praza Maior de Xinzo de Limia.
A Agrupación Musical da Limia encabezou a procesión do día máis triste do ano en Xinzo de Limia

O Enterro da Sardiña tivo lugar onte en Xinzo de Limia. A sardiña ardeu no Mércores de Cinsa, con moita dor e bágoas dos entroideiros limiaos. Coma sempre, non faltou a sátira no testamento que deixou a sardiña.

Despois da solemne comitiva, procedeuse a dar lectura ao testamento da sardiña na Praza Maior, epicentro da troula entroideira do último mes. Para concluir, prendeuse lume á sardiña, que ardeu ao son dos últimos compases do día.

O Entroido non remata

Sen embargo, o Entroido non finaliza, xa que iste ano recuperase o tradicional “Sábado de Piñata”, unha das novidades desta edición do Entroido, que é o máis longo do mundo. Será este sábado, co  tradicional “Xogo da Cucaña” e a posterior verbena de “Mascaritas e Capuchóns”.

Para rematar, terá lugar o Domingo de Piñata, unha xornada na que os máis pequenos da casa pechan ao grande o Entroido con piñatas cheas de doces. 

Para finalizar a festa, ás 19,00 horas, actuación da orquestra Solara en O Toural e entrega dos premios do Gran Desfile de Entroido.

Te puede interesar