Premios de ata 500 euros no desfile do Entroido 2024 de Verín

Desfile de Entroido de Verín nunha anterior edición.
photo_camera Desfile de Entroido de Verín nunha anterior edición.
O prazo de inscrición para todas as carrozas e comparsas que queiran participar remata o día 31 

O Concello de Verín abriu o prazo de inscrición para todas as carrozas e comparsas que queiran participar nos desfiles do Entroido. A data límite para poder participar é o mércores 31 xaneiro. Os desfiles de Entroido da vila contarán con axudas directas á participación de carrozas e comparsas cunha asignación máxima de 10.000 euros, segundo as bases que fixo públicas a institución local. Os premios repartiranse equitativamente entre os participantes, desde 200 euros para grupos máis pequenos ata 500 euros para aqueles con máis de 30 membros.

As inscricións deberán presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Verín ca respectiva documentación esixida e para poder optar a estes premios por participación, as carrozas e comparsas inscritas deben participar nos desfiles do domingo e martes de Entroido e non recibirán premio se soamente desfilan un día.

Neste desfile poderán inscribirse todas aquelas comparsas e carrozas constituídas legalmente como asociacións, clubes sen ánimo de lucro, ou agrupacións de persoas fisicas que desexen participar nos desfiles, como comparsas ou con carrozas, indicando sempre o numero de persoas que participarán nos desfiles.

Horario dos desfiles

O domingo ás 12,00 horas e o martes ás 16,30 horas, partirase da Avenida de Castela desprazándose pola Avenida Luis Espada ata a Rúa da Alameda para entrar á Praza García Barbón a través da Praza da Alameda. Desde a área de Turismo Cultura e Festexos quixeron destacar que esperan “que se presenten o maior número de grupos de comadres, xa que estamos seguros que isto contribuirá a enriquecer a experiencia de participantes e espectadores por igual, enchendo de colorido e diversión as rúas de Verín”.

Te puede interesar