A promoción do Mapa do Entroido de La Región xa ten gañadores

A bicicleta eléctrica, modelo Gata da marca Velca.
photo_camera A bicicleta eléctrica, modelo Gata da marca Velca.
La Región sorteou onte, entre máis de 150 participantes rexistrados na promoción do Mapa do Entroido, as tres bicicletas eléctricas Velca

Adrián Álvarez Álvarez, Miguel Ángel del Río Quintas e Sandra Valeiras Fernández son os tres afortunados gañadores do sorteo de tres bicicletas eléctricas Velca, modelo Gata, da promoción Ourense Terra de Entroido que durante o mes de febreiro, coincidindo co ciclo festivo, levou a cabo La Región.

A promoción do Mapa do Entroido ourensá chegou onte ao seu final coa entrega das dúas últimas máscaras: os Vergalleiros de Sarreaus e os Troteiros de Bande. Foron un total de 12 días onde o xornal, non só deu unha ampla cobertura do Entroido na provincia, senón que o visibilizou coa entrega diaria e gratuíta de dous pegatinas cada día. Completar o percorrido do Entroido e cubrir o formulario de participación a través do pressclub.laregion.es, permitiu aos lectores e suscriptores de La Región, entrar no sorteo das tres bicicletas eléctricas. Entre todos os rexistrados, máis de 150 persoas que completaron correctamente o rexistro, onte fíxose o sorteo das tres bicicletas.

Entrega

A entrega farase a semana que vén, para que poidan comezar a desfrutar delas o antes posible. Os tres afortunados, tal e como reflectían as bases da campaña, no momento de recoller o seu premio  deberán presentar o mapa completo cos 24 adhesivos das máscaras do Entroido. A bicicleta eléctrica, o modelo Gata da marca Velca, se caracteriza por ser rápida, lixeira e moi silenciosa. Conta con 70 quilómetros de autonomía e tan só 14 kilos de peso, transmisión por correa de carbono, sen grasas, e unha pantalla LCD intelixente que indica a duración da batería, velocidades, distancia de viaxe e nivel de asistencia de pedaleo.

Esta acción, que foi posible grazas ó patrocinio de Coren e Eroski e a colaboración de Velca, permitiu recompilar as 24 das máscaras máis representativas do Entroido: a Bonita de Sande, Botarga de Ribadavia, Boteiros de Viana do Bolo e Vilariño de Conso, Cabreiro de Muíños, Charrelo de A Veiga, Cigarrón de Verín, Felos de Esgos e Maceda, Follateiro de Lobios, Frei Canedo de A Ponte, Galo de San Pedro da Mezquita, Gárgola de Celanova, Labardeiro de Mugares, Madamito de Entrimo, Máscara de Buxán, Mázcara de Manzaneda, Vellarrón de Riós, Pantalla de Xinzo, Paquita e Nicanor de Seixalbo, Peliqueiro de Laza, Pita de Eiroás, Troteiro de Bande e Vergalleiro de Sarreaus.

Te puede interesar