O BNG esixe unha partida para construír o dique flotante de Ferrol e que Navantia poida reparar grandes buques

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) rexistrou no Congreso, para o seu debate na Comisión de Industria, unha proposición non de lei na que esixe ao Goberno que inclúa nos Presupostos de 2014 unha partida coa que construír o dique flotante de Ferrol, de modo que a empresa Navantia poida introducirse no sector da reparación dos grandes buques.

Na iniciativa, que recolle Europa Press, os nacionalistas galegos lamentan a falta de carga de traballo dos estaleiros públicos españois e a consecuente perda de empregos que tivo lugar nos últimos anos, que pasou de 10.000 postos directos en 2008 a menos de 5.600.

Ao seu xuízo, esta situación derívase da 'nula e nefasta política comercial de Navantia' e da 'falta de iniciativa' tanto da Sociedade Española de Participacións Industriais (SEPI) coma dos gobernos central e galego, que non materializaron 'ningunha das promesas de futuros contratos' que fixeron.


Posicición privilexiada
E todo a pesar da 'privilexiada posición' da costa galega, fronte a 'un dos corredores marítimos internacionais máis frecuentados', o que dá á rexión a posibilidade de 'atraer mercado de construción naval civil'.

Non obstante, para iso é necesario, 'ademais dunha axeitada política, realizar algúns investimentos de infraestruturas como un dique flotante apto para a reparación de grandes buques', como o que leva comprometido varios anos sen que o Goberno haxa siquiera iniciado a súa construción 'pretextando reticencias por parte da UE que, a día de hoxe, non foron confirmadas'.

'Ao noso modo de ver, o Goberno non se implicou profundamente neste tema, non mantivo unha actitude activa nin comprometida e abandonou á primeira de cambio. O Goberno central optou por unha actitude de falta de compromiso respecto ao dique flotante', critica o BNG, que esixe por iso ao Goberno que aprobe unha partida presupostaria para impulsar a construción do dique flotante na ría de Ferrol, dende onde Navantia poida ofertar a reparación e transformación de grandes buques, 'encomendando a súa construción aos propios estaleiros de Navantia' na ría de Ferrol'.

Así mesmo, o Bloque reclama á SEPI que 'impulse o centro de reparacións de Navantia na ría de Ferrol, co obxecto de incrementar a carga de traballo no campo da reparación e transformación de buques', e pide ao Executivo que negocie coa UE un adianto da data na que rematarán as limitacións aos centros de Navantia na ría de Ferrol para poder construír buques e operar no campo 'off shore'.

Te puede interesar