9.000 sinaturas protestan contra a privatización de comedores

A CIG-Autonómica presentaou onte 9.000 sinaturas recollidas durante estes meses nos municipios galegos onde a Xunta 'pretende privatizar os comedores escolares', segundo sinala a organización nun comunicado.
O sindicato confía en que se teñan en conta na Comisión de Persoal da Xunta de Galicia que se celebra hoxe e na que Educación pretende 'amortizar 70 postos de traballo para substituír os comedores públicos por empresas privadas de catering'.

A entrega de sinaturas tivo lugar no Rexistro Xeral do Edificio Administrativo da Xunta en San Caetano .

Te puede interesar