Presidenta de Augas de Galicia

Ethel Vázquez Mourelle: ‘Debemos de impor a cultura da auga que anime o uso racional e penalice o abusivo’

Ethel Vázquez Mourelle no seu despacho oficial de presidenta de Augas de Galicia, en Santiago. (Foto: Vicente Pernía)
Ethel Vázquez Mourelle, natural de Ponteceso, impúxose o reto de sanear as rías e a recuperación da calidade das augas. A presidenta de Augas de Galicia está persuadida de que falta concienciación medioambiental.
Cómo está a saúde das augas en Galicia?

Está en fase de estudio, dentro do Plan Hidrolóxico, e de ahí extraeremos as conclusións que correspondan. En todo caso, sí que podo xa adiantar é que os datos non son moi optimistas.

Os problemas refírense á cantidade ou á calidade?

Á calidade, pois no que se refire á cantidade, de momento non hai problema.

Sempre houbo a idea de que en Galicia sobraba auga, porén cando chegan épocas de seca hai moitas zonas con problemas. Cómo se explica eso?

A dispersión demográfica xoga un papel importante, pois dificulta o abastecemento a todos os núcleos de población. Ademáis, é certo que o cambio climático está producindo épocas prolongadas de choiva, pero tamén de ausencia. En ciclos desta última poden producirse dificultades para o consumo domiciliario.

Ata o punto de que poidéramos considerar en risco os recursos hídricos?

Non. Xestionando ben os instrumentos de que dispomos e cunha política axeitada de almacenamento non ten porqué haber problemas.

Qué papel pode xogar a Lei de Augas?

En principio servirá para mellorar a calidade das augas e nise senso influirá tamén na calidade de vida dos cidadáns ó traverso da modernización dos sistemas de depuración. Logo intervirán outros aspectos como o plan de saneamento no interior, así como o plan específico de saneamento das rías.

Malgastamos auga os galegos?

Non hai un estudo específico sobre o consumo detallado, pero estou convencida, e falo a nivel persoal, de que non lle estamos a dar a importancia que realmente ten. Un dos aspectos que inflúe nelo o feito de que a auga é barata en Galicia.

Sendo un elemento tan vital, cómo ten a choiva tan mala fama ata o punto de ser identificada co mal tempo, incluso por parte dos meteorólogos?

Bueno, tal vez sexa un reduccionismo, pero que non ten que ver ca realidade. Se se lle preguntan ós que xestionan os embalses ou ó sector agrario, seguro que non comparten ise criterio.

Si pero non negará que a opinión máis extendida é esa?

Cecáis porque a maioría da xente non é verdadeiramente conscente da importancia da auga. Agora ben, se á xente que ten esa percepción se lle invita a reflexionar e a profundizar un pouco máis, seguro que xa non sostén esa idea.

Estamos ante a banalización do papel que xoga a auga na vida?

Seguramente falta ainda concienciación sobre elo. Debemos potenciar o uso racional da auga e o consumo sostible. En definitiva, trasladar á sociedade unha nova cultura da auga. Nesa línea estamos, ainda que é certo que pouco a pouco.

Con demasiada frecuencia están a producirse verquidos tóxicos ós ríos, ou polo menos contaminantes (en Ourense sobre o Barbaña fai uns meses ou o de Brenntag no Umia uns anos atrás). Da conmoción ou alarma inicial pásase de seguido a unha fase de esquecemento e case nunca se volve a saber máis. Non produce eso unha sensación de impunidade na sociedade?

Non é exactamente así. Augas de Galicia, a través do Plan de Control de Verquidos -que é a nosa guardería fluvial-, está sempre alerta para detectar calquera verquido que se produza e incoar o expediente sancionador correspondente, cas investigacións pertinentes que leven despois a dirimir as responsabilidades a que haxa lugar.

Sí, pero para ser máis claros, o caso Brenntag qué lle supuxo a multinacional alemana?

Pois un expediente moi importante que pode chegar a impor ata 600.000 euros de multa, para responder dos danos causados.

Existen sistemas de control e detección o suficientemente áxiles para evitar iste tipo de verquidos?

Todo o que temos non é abondo, por eso estamos a traballar para implantar estacións -máis de 40- en puntos estratéxicos para que poidan informar en tempo real de calquera cambio na calidade da auga.

En qué pode axudar o plan de control de aforo do cauce dos ríos?

A ver qué tipo de caudal teñen os ríos e en qué situación están, así como as avenidas que se poidan producir debido a fenómenos atmosféricos. A todo elo hai que engadir que estamos en permanente comunicación con Meteogalicia.

Tense producido algunha modificación histórica sustancial no cauce regular dos ríos?

Non hai constancia de cambios dignos de mención a ise respecto.

As depuradoras garanten a recuperación das augas ó 100% ante calqueira tipo de verquido?

Axeitadamente explotadas devolven a auga nas condicións que esixen as directivas legais, pero claro teñen que estar en boas condicións de explotación.

Enténdese que eso rixe para as instalacións de última xeneración?

Sí, pero é unha cuestión de maior complexidade, pois ó sistema de depuración hai que engadirlle os colectores. Ademáis, á depuradora non poden chegar verquidos que estén por enriba da sua capacidade de tratamento, dado que si así fora teríamos tamén un problema de contaminación augas enriba. Por eso hai que actuar tamén na rede para que esté adaptada ás depuradoras.

Pódese concluir que cas depuradoras de vangarda podemos contaminar o que queiramos?

Non. A depuración é o último paso no coidado do medio ambiente, pero antes temos que concienciarnos de que non podemos maltratar o noso entorno. Vale eiquí o dito ó principio sobre a necesidade da cultura da auga, con un uso racional e sostible. Esperamos que ahí xogue un papel importante o canon da auga, a través do establecemento de treitos, de xeito que penalice os consumos excesivos non xustificados; quen consuma de xeito irracional terá que pagalo do seu bolsillo. Nise senso, tentará mellorar o actual canon de saneamento que establece taxas lineais á marxe da irresponsabilidade dalgúns cidadáns.

A enerxía hidroeléctrica ten agotadas as suas posibilidades de aproveitamento nos ríos galegos ou ainda hai marxe para outras instalacións?

Hai unha situación de saturación, polo tanto hai que empregar criterios moi restrictivos de cara o futuro, e así se está facendo. En todo caso, non se pensa en novas concesións, ainda que a última palabra quedará en mans dos datos que apunte o Plan Hidrolóxico Galicia Costa, que será o que defina cómo están as masas de auga.

E as augas do mar?

A das rías atópase nunha situación preocupante. De feito estamos actuando xa de xeito local, para poder facelo na escala adecuada.

Eso ten arranxo?

Vai a ser difícil, pero teño que manter a esperanza. É certo que se precisa tempo, pois será imposible arranxar nun ano nin en dous, pero si os fiordos noruegos están o limpos que están, tamén eiquí hai razóns para conseguilo.

En qué proxecto ten depositadas máis esperanzas?

A recuperación das rías constitúe un reto importantísimo, ata o punto de que agardamos poder pasar á historia da Comunidade co saneamento das súas augas. Tamén temos moitas esperanzas na futura Lei de Augas.

Ourense trata as augas nunha depuradora ilegal que obliga á construcción dunha nova. Augas de Galicia ten idea de cándo quedará resolto iste problema?

Estamos traballando nunha nova proposta, xa que a Confederación Hidrográfica redacta o proxecto e licita as obras con cargo a fondos europeos e a Xunta aporta os fondos propios. Traballamos para por enriba da mesa unha proposta de convenio ca Confederación para colaborar nesta iniciativa de interese xeral ainda sin executar.


Te puede interesar