NAUFRAXIO 'MAR DE MARÍN'

O helicóptero 'Pesca 1' segue a busca do mariñeiro galego desaparecido

O helicóptero 'Pesca 1' Rastrexará a zona da Lanzada e as illas Ons e Cíes.

O helicóptero 'Pesca 1', dependente da Xunta, prosegue este venres a busca do galego Manuel Domínguez, o único tripulante do 'Mar de Marín' que permanece desaparecido tras o afundimento do pesqueiro na madrugada do pasado 1 de abril.

Segundo informaron a Europa Press fontes de Salvamento Marítimo, o helicóptero rastrexará na xornada deste venres a zona da Lanzada e as illas Ons e Cíes.

Mentres, na zona do afundimento do pesqueiro, na Ría de Vigo, dáse por concluída a busca do mariñeiro no pecio, despois de que o xoves os mergulladores constatasen que non había ninguén máis dentro, tras achar na tarde do mércores o corpo do ghanés Alexander Nkeith, que se atopaba na ponte do pesqueiro afundido.

Non obstante, este venres os mergulladores realizarán algunha inmersión, segundo concretou Salvamento, por cuestións de seguridade para retirar aparellos que poidan constituír un risco para a navegación marítima.
 

Te puede interesar