Imputado por condución temeraria en A Coruña

A Garda Civil de Tráfico de A Coruña detivo un home de 54 anos, veciño da localidade herculina e con iniciais J.M.L., ao que imputa un delito contra a seguridade vial -condución temeraria-, alcoholemia, desobediencia e resistencia a axente á autoridade. A Garda Civil informou de que os feitos se produciron ás 21.30 horas do venres, cando o centro operativo de tráfico recibiu chamadas de usuarios alertando sobre un vehículo que circulaba por a AP-9, sobre o quilómetro 27 en sentido A Coruña, 'dando bandazos e a gran velocidade'.
A central enviou unha patrulla de tráfico que lle fixo indicacións luminosas e sonoras. O condutor aelerou para eludir ao vehículo patrulla 'poñendo en risco outros usuarios mediante adiantamentos perigosos', segundo a Garda Civil. O vehículo policial adiantou o conductor na Avenida de Alfonso Molina. O conductor negouse a saír do vehículo, 'tendo os axentes que utilizar a forza para sacalo' do coche.

Te puede interesar