As minorías volverán a pedir o uso do galego no Congreso

Os grupos minoritarios do Congreso volverán intentar a próxima semana que se tramite unha reforma regulamentaria para garantir 'canto antes' o uso do catalán, o euskera e o galego na Cámara Baixa. A proposición de lei, promovida por Esquerra Republicana, leva tamén a sinatura dos nacionalistas de CiU, PNV e BNG, así como de IU-ICV e de Nafarroa-Bai.
Coa súa proposta, perséguese modificar o artigo 6 do Regulamento do Congreso para permitir aos deputados galegos, cataláns e vascos utilizar calquera das linguas oficiais na súa actividade parlamentaria. En concreto, na presentación de escritos e iniciativas parlamentarias, a publicación das cales se reproducirá nas versións en que fosen presentados achegándose a súa tradución ao castelán, e nas intervencións ante o Pleno, a Deputación Permanente e as distintas comisións parlamentarias.


INTENTOS ANTERIORES

Na pasada lexislatura, o presidente do Congreso, Manuel Marín, intentou que as súas señorías puidesen polo menos facer uso das linguas cooficiais ante o Pleno, aínda que fose de forma limitada e facilitando a tradución aos servizos da Cámara. Así mesmo, o texto impulsado por Esquerra tamén avoga por que os cidadáns e as institucións poidan utilizar nos escritos que dirixan ao Congreso calquera das linguas que teñan carácter oficial nalgunhas das comunidades autónomas.

En abril do ano pasado, os republicanos cataláns xa invitaron ás demais formacións do Congreso a subscribir unha iniciativa similar que, non obstante, non chegou a rexistrarse. Agora, unha vez perfeccionada, obtivo o apoio do diversos forzas do arco parlamentario.

Te puede interesar