Tafisa pecha a súa fábrica en Ponte Caldelas e despide 60 empregados

A empresa Tableros de Fibras, SA (Tafisa) anunciou hoxe que pechará a súa fábrica de Ponte Caldelas, o que suporá o despedimento de 60 empregados.

A empresa, instalada en Ponte Caldelas desde hai unha década -antes estivera en Pontevedra- xustifica a decisión nos 9,7 millóns de euros de perdas que declara acumular só entre 2010 e 2013, que achaca á "crise xeneralizada da industria madeireira e á caída da construción".

Tafisa apunta que lle custa máis producir que vender, que a planta só traballa ao 30% da súa capacidade e que non deron resultado as medidas como investimentos, reducións de custos, melloras de calidade, peche doutras plantas ou un ERE temporal previo.

A empresa espera que os despedimentos sexan pactados para "mitigar" o seu efecto.

Te puede interesar