Aberto o prazo de inscrición para a ludoteca de verán de Laza

Hai 20 prazas dispoñibles

O Concello de Laza xa ten todo listo para a súa LudoLazate 2023, a ludoteca de verán para facilitar a conciliación familiar e laboral. Por iso, veñen de abrir o prazo de inscricións para que os cativos, a partir dos 3 anos, poidan sumarse a este programa, facéndoo no Concello de luns a venres en horario de 08,30 a 14,30 horas. 

Dende o Concello recordan que terán prioridade os nenos empadroados en Laza ata cubrir as 20 prazas, prolongándose a LudoLazate do 22 de xuño ata o 1 de setembro, en horario de 09,30 a 13,30 horas. 

Respecto ás tarifas, os cativos empadroados no Concello poderán desfrutar deste servizo de maneira gratuíta, mentres que os non empadroados deberán pagar por unha semana 20 euros, por unha quincena 30 e polo mes enteiro 60 euros. Os participantes poderán desfrutar de actividades en grupo, xogos ao aire libre, idiomas e  manualidades, entre outras. n

Te puede interesar