INFRAESTRUCTURAS

ADIF reparará a estrada de Prado deteriorada por obras do AVE

Grazas as negociacións do Goberno galego con ADIF, acordouse que este organismo estatal se faga cargo destas actuacións, que durarán un ano

Onte iniciáronse as obras de reparación da estrada OU-111 ao seu paso polos concellos ourensáns de Laza e Vilar de Barrio que está afectada polas obras do AVE. Estes traballos correrán a cargo de ADIF e contan cun orzamento de case 470.000 euros.

Esta estrada é o vial autonómico que da acceso a Prado e que se atopa bastante deteriorada por culpa do tráfico de vehículos pesados que están a traballar para executar as obras do AVE. Nesta zona a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, xa tivo que restrinxir o paso de vehículos de alto tonelaxe, porque a estrada, antes das obras, contaba cun tráfico moi reducido, polo que o seu firme estaba adaptada a estas circunstancias e non a vehículos de alta tonelaxe. 

Grazas as negociacións do Goberno galego con ADIF, acordouse que este organismo estatal se faga cargo destas actuacións, que durarán un ano. 

Te puede interesar