Ilustración | Entrevista

“Ao audiovisual galego fanlle falta máis eventos como o festival de curtas verinense"

La diseñadora e ilustradora Olalla Diéguez Boo.
photo_camera La diseñadora e ilustradora Olalla Diéguez Boo.
La ilustradora Olalla Diéguez Boo asegura que le hizo "moita ilusión facer o cartaz do festival"

Os responsables do Festival Internacional de Curtametraxes de Verín -FIC Vía XIV- manteñen intacta a ilusión e avanzan nos preparativos do certame, a expensas da evolución da crise sanitaria. É por isto polo que nos últimos días fixeron público o cartaz do evento, o cal se prolongará, previsiblemente, entre o 5 e o 13 de setembro. O deseño quedou na "casa", concretamente, na comarca de Monterrei, pois a súa autora foi, nesta ocasión, Olalla Diéguez Boo, deseñadora de Laza.  

Que supuxo para vostede que os responsables do FIC lle encargasen o deseño do cartaz do evento?

Pois moitísima ilusión, porque para min é unha honra. Encántame a temática do festival, e tamén que se fagan eventos culturais en Verín, porque eu son da comarca. 

O cartaz está inspirado na ciencia ficción, pois un ovni abduce a vila de Verín, ¿por que esta idea?

A min encántame a ciencia ficción, por unha banda. Logo, sempre busco contar unha historia e cada historia ten un protagonista. Neste caso eu pretendía cederlle dito protagonismo á vila de Verín e facer unha pequena homenaxe aos traballadores do festival, participantes... Por esto tamén a nave que proxecta, ao mesmo tempo, abduce. 

Que edificios da vila aparecen no cartaz?

A Casa da Cultura, evidentemente; a Casa do Escudo, que é un emblema para a cultura da zona, ou o Concello. Despois hai un edificio que persoalmente me gusta moito e que está na Plaza García Barbón. Metín o Hospital por toda a loita deste ano. 

Cal foi o procedemento empregado?

Eu mesturo. Neste caso as texturas están feitas a man e coloreado con ordenador. Estiven en contacto cos da organización durante un mes, que foi máis ou menos o tempo que me levou facelo. 

Que cre que lle aporta un evento como o FIC a unha vila como é Verín?

Apórtalle moitísimo. Están facendo un traballo estupendo. Hoxe en día non hai moitos eventos coma o FIC no interior de Galicia. O meu marido traballa no audiovisual galego e estou moi en contacto con el, polo que penso que lle fan falta máis eventos como este festival. Dase a coñecer o traballo de xente que non ten moitos medios de difusión.

Te puede interesar