CULTURA

O auditorio da vila acolle a obra teatral "Os Coleccionistas"

A comedia mestura textos cómicos e creación escénica espotánea con música en directo

Mañá sábado 2 de xuño, ás 21,00 horas, o Auditorio Municipal de Verín acolle a representación da obra teatral "Os Coleccionistas. A arte feita comedia", unha divertida e interactiva comedia, interpretada por Marcos Pereiro, Oswaldo Digón e Santi Romay, que mestura textos cómicos e creación escénica espontánea con música en directo.

Comedia e arte mestúranse nun espectáculo onde unha ampla selección de obras de arte de todas as épocas serán poxadas por unha boa causa.

Te puede interesar