LITERATURA

Carme Adán presentou o seu libro "Feminicidio”

Diego Lourenzo e Carme Adán.
photo_camera Diego Lourenzo e Carme Adán.

É a segunda vez que a escritora presenta o seu libro na provincia. A primeira ocasión tivo lugar na Sala Valente do Paseo de Ourense

Máis dunha vintena de persoas achegáronse durante a tarde de onte ata a Biblioteca Municipal de Verín para participar na presentación de "Feminicidio: Unha nova orde patriarcal en tempos de sumisión" da política e intelectual Carme Adán. O acto estivo conducido polo tenente de alcalde de Verín, o nacionalista, Diego Lourenzo. 

Na obra literaria, Adán trata de analizar o significado do patriarcado e como se adaptou aos novos tempos. Por outra banda, fai un chamamento para poder combatelo. 

É a segunda vez que a escritora presenta o seu libro na provincia. A primeira ocasión tivo lugar na Sala Valente do Paseo de Ourense, onde estivo acompañada por Susana López Abella -secretaria xeral de Igualdade- e por Laura Seara, Carmen Iglesias, e Tareixa Paz.

Te puede interesar