Chaves e Verín acollen o seminario de igualdade social

O auditorio do Centro Cultural de Chaves acollerá o próximo 17 de febreiro o Seminario 'Igualdade social sen fronteiras', enmarcado nas actividades do proxecto europeo de dinamización dos centros de información ás mulleres (Redecim), promovido pola Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta, a Comissão para a Cidadania e Igualdade de Género de Portugal e a Dirección General de la Mujer de la Junta de Castilla y León.
O seminario ten como obxectivo conseguir un intercambio de experiencias de traballo que acheguen formación e información a profesionais de distintos campos implicados na igualdade para lograr nunha sociedade máis xusta e igualitaria. No transcurso do seminario presentarase o proxecto Redecim, a importancia dos servizos de información como garantes da igualdade, entre outros.

Te puede interesar