OCIO

El Concello de Monterrei acoge el día 16 la III Andaina del Vino

A andaina durará cinco horas e e sairá ás 10,00 horas da Alameda de Albarellos

O Concello de Monterrei promove, o vindeiro 16 de outubro, a III Andaina Viño de Monterrei. Na convocatoria colaboran a Deputación de Ourense, o Inorde, a Cruz Vermella, varias bodegas da comarca, Augas de Sousas e La Región.


A andaina durará cinco horas e e sairá ás 10,00 horas da Alameda de Albarellos. Tamén se organizará unha andaina para os máis pequenos. Ao remate haberá un xantar degustación. 


Os interesados poden inscribirse até o 13 de outubro, abonando 5 euros na Casa do Concello de Albarellos, en Multisport Verín ou en Redonet Ourense.  Dende a organización anuncian que haberá sorteos de diversos agasallos para todos os participantes.


Protección Civil velará pola seguridade do evento.

Te puede interesar