Monterrei

O Concello de Oímbra busca colaboración para humanizar San Cibrao

Monterrei

COLABORACIÓN INSTITUCIONAL

O Concello de Oímbra busca colaboración para humanizar San Cibrao

A conselleira de Medio Ambiente, Ánxeles Vázquez, e a rexedora de Oímbra, Ana Villarino.
photo_cameraA conselleira de Medio Ambiente, Ánxeles Vázquez, e a rexedora de Oímbra, Ana Villarino.
A conselleira de Medio Ambiente comprometeuse a apoiar o proxecto

As obras de humanización da rúa do Campo e da contorna do parque de San Cibrao, en Oímbra, iniciaranse este ano grazas á colaboración que manterán para tal finalidade o Concello e a Consellería de Medio Ambiente. Neste senso, Ánxeles Vázquez comprometeuse a poñer en marcha a cooperación necesaria para executar o proxecto. 

Así llo trasladou a representante autonómica á rexedora local de Oímbra, Ana María Villarino, con quen mantivo unha reunión de traballo na que lle confirmou que o seu departamento definirá "un instrumento" para establecer unha colaboración que permita a realización do plan de humanización do espazo público de San Cibrao coa finalidade de facilitar aos veciños un espazo de ocio e intercambio veciñal. Asimesmo, indicoulle que o Instituto Galego de Vivenda e Solo seguirá colaborando e avanzando na tramitación do Plan especial de construción de vivendas neste municipio, para incrementar o parque de vivendas de uso social no concello.

Segúndo destacou Ánxeles Vázquez, a súa Consellería promove desde hai tempo diversas liñas de axuda dirixidas aos concellos, co fin de facilitar o desenvolvemento de intervencións urbanísticas orientadas a frear o despoboamento rural, potenciar as infraestruturas, os servizos e os equipamentos municipais.