O Conservatorio de Verín conclúe o curso con un concerto

photo_camera A cita no Auditorio. (Vídeo: C.C.).

Outro ano máis, o Conservatorio de Música Profesional de Verín despide o curso académico coa súa audición de fin de curso e un acto de graduación coa entrega de diplomas aos alumnos do centro musical. 

A cita foi no Auditorio Municipal e profesorado, integrantes da Asociación de Nais e Pais de Alumnos (Anpa), cativos e todos os presentes desfrutaron dunha xornada cargada de música e felicitacións. Unha cita coa que finaliza a docencia deste curso 2021/2022, pero non a actividade do Conservatorio.

O vindeiro 25 de xuño, as familias do centro irán de excursión a O Porto para coñecer a Casa da Música e o centro histórico da localidade portuguesa. Organizado polo Conservatorio, a Anpa e o Concello de Verín, os alumnos poderán desfrutar dunha xornada diferente e novidosa para despedirse dos seus compañeiros ata o vindeiro ano académico.

Te puede interesar