política local

Críticas do PSOE de Vilardevós pola renuncia a unha axuda

O grupo socialista do Concello de Vilardevós criticou onte, a través dun comunicado, ao goberno municipal por renunciar a unha axuda da Deputación para contratar un conductor para o tractor-desbrozadora

 O grupo socialista do Concello de Vilardevós criticou onte, a través dun comunicado, ao goberno municipal por renunciar a unha axuda da Deputación para contratar un conductor para o tractor-desbrozadora. Segundo o portavoz socialista, Julio Prada, o alcalde "pasa de conseguir recursos vitais para o municipio, no que hai moitas áreas sen limpar expostas a que prenda o lume.
Engade Julio Prada que deste xeiro se renuncia a un posto de traballo de 3 a 4 meses e o tractor está parado, en tanto que o Concello non foi capaz de crear unha brigada contra os incendios, polo que "a desprotección fronte aos lumes é absoluta" .

Pola contra, o alcalde de Vilardevós, Manuel Cardoso, asegura que renunciou á axuda de 4.500 euros da Deputación, porque de aceptala, "teriamos que limpar 12 kilómetros de carreteras da Deputación e o ano pasado, nos 15 días que tivemos a máquina de mancomunidade, estivo traballando todo o tempo para as carreteras provinciais, sen atender ás do Concello e iso non nos compensa." Manuel Cardoso asegura que as carreteras municipais "témolas bastante ben limpas".

Te puede interesar