ENTRADA GENERAL A 8 EUROS
Monterrei apunta a un verano récord con 140.000 visitantes
ACTIVIDADES VITIVINÍCOLAS
Deste xeito, o pasado fin de semana estiveron desfrutando desta comarca vitivinícola e coñecéndoa de primeira man Alberto Zapata Rodríguez (director de ‘Dichosa Cocina’ de RTVE), Ana Eugenia Gómez González (redactora de contido en Bodeboca), Cristina Villar Martín (xestora de enoturismo de VinoSelección), José Antonio Muñoz Coromina (director e editor da revista Traveling) e Laura López Altares (redactora da revista MiVino).
Os convidados, expertos no xornalismo adicado ao mundo do viño, puideron participar en diversas actividades relacionadas coa viticultura e o viño de Monterrei, como a visita ao lagar rupestre Xan Preto, e tamén a cinco adegas pertecentes á denominación: Ladairo, Gargalo, Terras do Cigarrón, Triay e Daniel Fernández.
En todas elas puideron coñecer os seus viñedos, instalacións e caldos más representativos. Ademais, tamén estiveron na acrópole de Monterrei.
Para o presidente da DO, Jonatás Gago, o obxectivo desta visita é que “os participantes descubriran in situ a tradición e cultura vitivinícolas de Monterrei, así como as súas características climáticas, terroir, tipoloxías do viño e de traballo”.
Alén disto, Gago destaca que “este tipo de actividades permite amosar o produto de Monterrei de xeito íntegro, dende a vide ata a copa, así coma o traballo de viticultores e adegueiros da nosa comarca”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ENTRADA GENERAL A 8 EUROS
Monterrei apunta a un verano récord con 140.000 visitantes
Mercado de interés
La D.O. Monterrei luce 45 vinos en Santander
Lo último
LANCHA DE 400.000 EUROS
Un tráiler con una posible narcolancha queda encallado en el río Miño en Caminha
DEMOSTRACIONES DE COCINA Y CATAS
Diecinueve bodegas se preparan para la XIX Feira do Viño de Monterrei este fin de semana