Sanidade

O hospital de Verín volve xerar controversia política

Solicitan a reposición do servicio de Dermatoloxía e o incremento de persoal nas áreas de cirurxía, pediatría, anestesista e internist

A formación Xuntos por Laza e o Partido Socialista do mesmo municipio presentaron unha moción conxunta co obxectivo de pedir melloras no Hospital de Verín, ao considerar que este presta un servicio "fundamental" na comarca e atende unha extensión que vai máia alá da súa delimitación territorial. Ambas agrupacións criticaron o feito de que, "por mor da austeridade", se veñan suprimindo ou suspendendo servicios dunha necesidade "vital". Por iso aprobouse en pleno instar á Consellería de Sanidade e ao Servizo  Galego de Saúde, á reposición "inmediata" do Servicio de Dermatoloxía, non obstante, matizaron, a publicación no DOG do 29 de outubro pasado, "cando esta moción xa estaba redactada", anunciou convocatoria dunha praza para o efecto. 

Tamén solicitaron que se dote dos recursos humanos suficientes ao servizo de cirurxía, pediatría, anestesista e internista.

Te puede interesar