Un instituto de Verín recibe aos adestradores Javi Rey e Manolo Codeso

IMG_5937
photo_camera Os alumnos verineses atenderon á charla de Rey e Codeso.
Os adestradores ofreceron unha charla sobre deporte e saúde

Javier Rey, adestrador do CD Arenteiro, e Manolo Codeso, do Cidade de As Burgas, estiveron onte en Verín. Concretamente no IES García Barbón para conversar co alumnado de Bacharelato do centro sobre os hábitos saudables no deporte. 

Na xornada, que se celebrou no salón de actos do centro, ambos adestradores aportaron a súa visión e os seus consellos para que a xente moza poida incorporarse a unha vida saudable tendo presente o deporte día a día. Os mozos tamén puideron coñecer cal é a realidade dos profesionais no fútbol e no fútbol sala, tanto nas categorías femininas como masculinas.

“Na actividade os alumnos tamén participaron facéndolle preguntas a Rey e Codeso sobre o seu día a día e pedindo consellos deportivos, que seguro que os alumnos incorporarán no seu día a día”, explicaron dende o centro educativo verinés, contentos co resultado desta charla cos adestradores dos coñecidos equipos de fútbol ourensás, enmarcada no programa Edusaude, no que se organizan varias charlas e actos sobre a saúde. 

Te puede interesar