Pleno ordinario

Monterrei prepara axudas para o sector hosteleiro do seu municipio

pleno concello monterrei abril
photo_camera El último pleno en Monterrei, en el mes de abril. (Foto: cedida).
O BNG levará ao pleno unha moción sobre os eólicos

O Concello de Monterrei celebra mañá mércores ás 13,30 horas o pleno ordinario de xuño, no que as formacións políticas -PP, Veciños de Monterrei, e BNG- acordaron preparar unha proposta sobre medidas de apoio ao colectivo da hostelería no municipio. “O sector hostaleiro non é moi grande pero hai unha serie de bares que creo que merecen unha axuda”, explica José Luis Suárez, alcalde de Monterrei. 

Por iso, a Xunta do Goberno local acordará a exención da taxa do lixo e da taxa da auga durante este ano, “unha pequena axuda pero algo pode facer”, señala Suárez.

Ademais disto, tamén se levará ao pleno a aprobación do documento Estudo de detalle para a ampliación do cemiterio municipal en Albarellos. Tamén se exporá un acordo de cesión por parte do Concello do edificio destinado á Casa do Maior a dúas mulleres que se farán cargo, situado tamén en Albarellos, para poder instalar dúas casas.

Pola súa parte, Alberto Rodríguez, portavoz do BNG, levará unha moción en defensa dun modelo de enerxía eólica sustentable, xusta e galega fronte ao espolio e a depredación, pedindo “o apoio de todas as forzas políticas para instar á Xunta que paralice este macro proxecto”, explica o nacionalista.

A sesión será retransmitida en directo, polo tanto, calquera que desexe ver o pleno poderá facelo a través da páxina do Concello de Monterrei.

Te puede interesar