As Mulleres Rurais ofrecen un curso de galego no arranque de ano

Femuro está a organizar cursos de formación en diferentes módulos

Dende Femuro Verín, a Federación provincial de Mulleres Rurais, están levando a cabo neste comezo do ano 2021 os seus programas de formación.

As accións formativas guíanse a través da Orde do 4 de maio de 2020 pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a entidades de iniciativa social para a promoción de actuacións de servizos sociais, comunitarios e inclusión social. 

Entre estes programas de formación atópanse cursos preparatorios para as probas Celga, que evalúan o nivel de galego do examinado. Ademáis, na mesma liña tamén se están desenvolvendo os cursos para a obtención do graduado en E.S.A. -modalidade de adultos-, tanto nos módulos de primeiro e segundo coma nos de terceiro e cuarto, ademáis do módulo lingüístico. 

Estas iniciativas están cofinanciadas polo programa operativo Feder Galicia 2014-2020 da Unión Europea.

Te puede interesar