ENTREVISTA

Tono Lorenzo: "A pintura é todo o meu mundo, nel interpreto as paisaxes que vexo"

tono pintor monterrei (1)
photo_camera O artista Tono Lorenzo.
A sala de exposicións Hospital da Trindade acolle a mostra artística "Plein Air" de Tono Lorenzo

O artista Antonio, coñecido como Tono, Lorenzo (Mondariz Balneario, 1967) ten exposta a súa mostra “Plein Air” na sala de exposicións Hospital da Trindade do Castelo de Monterrei. Unha obra chea de cor que os interesados e amantes da arte poderán visitar durante todo o mes de maio, de mércores a domingo.

 

A súa mostra en Monterrei titúlase “Plein Air”, por que?

Porque son todo obras feitas en exteriores, ao aire libre. A xente que vaia vela vai atoparse con paisaxes nos que vivín. A maioría dos traballos foron feitos nunha sesión. Hai 28 cadros, desde paisaxes galegas, algunha portugués, zona de Cantabria.. e case a metade do traballo é feito nuns cursos aos que fun de paisaxe no Bierzo, no Mosteiro de Santa María de Carracedo.  

 

Que trata de amosar con esta exposición?

Algo que vexo cos meus propios ollos, plasmo o que me transmite unha paisaxe. Non me adico a pintar as árbores como se ven, senón que vexo unha masa de pintura, unha masa de cor. Uso moito a cor e procuro que as obras teñan luz. 

 

Que significa para vostede a pintura? 

 É o meu mundo, porque estou aí e gústame. Fago unha interpretación, e desfruto moito pintando, sobre todo ao aire libre. É o que fixen na exposición de Monterrei, como dixen, un conxunto de cadros interpretados en exteriores.

 

Como define o seu estilo?

Hai quen me define como impresionista, outros como naif… Pero a min gústame pintar de todas as formas. O mellor fago algo máis realista e logo noutro momento tírome máis polo impresionismo, ou cambio de color. Non me gusta definirme dunha forma solo. Depende do que teña diante e me transmita, fago unha cousa ou a outra. E a veces quedan as cousas medio feitas insinuando, é o que máis me gusta. 

 

A súa obra pode verse en mostras?

Eu case non fago exposicións individuais. A de Monterrei é a segunda exposición individual que fago, a primeira foi en Asturias. Teño exposto con mostras colectivas en Ourense bastantes veces, iso sí. Este ano tamén terei unha exposición na tenda de Roberto Verino en Ourense, que estou traballando nunha faceta que non fago normalmente.

 

Como chegou ata Monterrei?

Pois a través do artista verinés Rivada, quen me animou a acercarme alí. E animeime porque eu non me adico a isto, xérame presión, pero aínda así alí estou (ri). A min gústame pintar por pracer e o que me da a gana. Eso sí, xa coñecía Monterrei, fun a un concurso de aire libre que organiza a oficina de turismo. Paréceme marabilloso o lugar e os técnicos da oficina, que nos tratan de marabilla. 

 

É curiosa a mistura de enfermería con pintura…

De neno sempre me gustou, pero ata os 30 anos non comecei a pintar como quen di. No hospital no que traballaba había un grupo que facía actividades e comecei alí a coller os óleos e a facer reproducións de artistas. Dende entón nunca deixei de pintar. Foi a partir do 2010 cando comecei a tomalo mais en serio, tamén fun a clases particulares para tomar nocións. Eu cheguei a enfermería de rebote con 25 anos, porque sempre me gustou pintar e me houbera gustado facer Belas Artes, pero era mal estudante, non había diñeiro na casa suficiente, e cero posibilidades de estudo. n

Te puede interesar