Servizos

Programa formativo para coidador de dependentes

Os principais obxectivos deste programa son os de formar e orientar á figura do coidador non profesional sobre o labor de atención ás persoas dependentes e capacitalos das habilidades

O Departamento de Servizos Sociais (área de maiores) do Concello de Verín, en colaboración con Cruz Vermella Monterrei e a Deputación Provincial de Ourense, iniciarán este mes de maio un programa formativo dirixido a coidadores non profesionais que de forma habitual teñan a persoas dependentes ao seu cargo.

Os principais obxectivos deste programa son os de formar e orientar á figura do coidador non profesional sobre o labor de atención ás persoas dependentes e capacitalos das habilidades, estratexias e actitudes necesarias para o incremento da calidade de vida tanto deles mesmos como das persoas dependentes.

Este programa de charlas, que terá lugar no Salón de actos da Casa da Cultura, impartirase en varias fases, constando a primeira de catro sesións formativas.

A conferencia coa que se debuta terá lugar o día 24 de maio, e nela abordaranse os recursos que os coidadores de dependentes teñen dende o departamento de Servizos Sociais do Concello de Verín. Sete días despois, a ergonomía e as inmovilizacións dos anciáns serán as cuestións a tratar nunha das novas sesións. 

Esta acción formativa nace debido ás necesidades detectadas ao redor da figura do coidador non profesional, figura que vai en aumento debido á situación demográfica actual (aumento da esperanza de vida e diminución da taxa de natalidade). Os coidadores non profesionais son, na súa maioría, familiares da persoa dependente que adican gran parte do seu tempo á atención e coidados da mesma.

Te puede interesar