FOTONOTICIA

Música e contos ilustrados en Riós

riós
photo_camera Os máis cativos disfrutaron dunha xornada diferente. (Foto: cedida).
O venres a Praza do Concello acollerá unha obra de teatro, ás 21,00 horas

A Praza do Concello de Riós acolleu na mañá deste martes o espectáculo de Chuches Amil, “Contos ilustrados e Cancións” para os cativos do municipio. Ata alí, ademais de nenos e nenas de todo o concello, achegáronse os máis pequenos da ludoteca de Riós, para desfrutar dunha actividade diferente ao aire libre.

As actividades lúdicas continúan no concello o venres, ás 21,00 horas, coa obra de teatro “Por que é salgada a auga do mar?” de Os quinquillans, un espectáculo teatral e cómico que contará con pasarrúas, somerxéndose no mundo das lendas, dos paiasos e da animación, dirixido a todo tipo de público, contando cunha mensaxe moi educativa.

Te puede interesar