A Veiga recibe a 90 nenos do campamento de Verín

Os verineses na Casa das Pedriñas.
photo_camera Os verineses na Casa das Pedriñas.
Os verineses visitaron variados atractivos turísticos desta localidade

Uns 90 rapaces do campamento urbano do Concello de Verín desfrutaron dun emocionante viaxe ao municipio de A Veiga. O seu primeiro destino foi o recuncho coñecido como “A Cántara da Moura”, onde percorreron un roteiro para explorar a súa beleza natural e escoitar as súas fascinantes lendas. 

Tras a ruta, visitaron a orixinal Casa das Pedriñas onde moitos quedaron abraiados pola súa construción decorada con pedras, vidro e conchas. Despois foron a bañarse a Praia de Coiñedo, onde xogaron e compartiron risa baixo o sol, incluso moitos percorreron o embalse en kayaks e tabras. 

Para poñerlle o toque final a esta xornada única, acudiron ao Planetario “As estrelas ao alcance da man”. Aínda que non puideron viaxar fisicamente ao espazo, mergulláronse nunha viaxe temporal e astronómica que lles permitiu entender os movementos celestiais, recoñecer obxectos no sistema solar e as súas relacións, así como saber máis sobre as fases lunares, os eclipses e outros fenómenos astronómicos. 

Te puede interesar