FORMACIÓN

Verín abre o prazo para inscribirse no curso de galego

O curso está promovido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e organizado en colaboración co Concello de Verín.

Até o día 28 de marzo, data improrrogable, está aberto o prazo para se inscribir no curso de formación de lingua galega que terá lugar en Verín e que capacita para se presentar ao exame do CELGA 4. O curso está promovido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e organizado en colaboración co Concello de Verín.

A inscrición é gratuíta e está aberta a persoas maiores de dezaseis anos, ou que os fagan até o día 31 de decembro incluído. A solicitude pódese tramitar no Concello de Verín ou na web da Xunta de Galicia.

A duración do curso é de 70 horas teórico-prácticas. Está previsto para as datas comprendidas entre os días 17 de abril e 8 de xuño. As clases impartirase no IES García Barbón das 19,00 horas ás 21 horas.

O número de participantes estará comprendido entre 15 e 30. Se o número de solicitantes e superior ao de prazas dispoñibles, a asignación farase por orde de entrada da solicitude.

Te puede interesar