MONTERREI

Verín acollerá unhas xornadas tecnolóxicas para profesores

Ofertarán un total de 120 plazas e celebraranse os días 21 e 22 de abril no instituto Taboada Chivite 

O Concello de Verín acolleu na mañá de onte a presentación das XVI Xornadas de Tecnoloxía organizadas pola Asociación do Profesorado de Tecnoloxía de Galicia (Apetega), que terán lugar os vindeiros días 21 e 22 de abril no instituto de educación secundaria Xesús Taboada Chivite de Verín. 

Ao acto público de presentación asistiron, polo Concello, o seu alcalde Gerardo Seoane, e polo IES local, o seu vicedirector, César Sánchez. 

Estas xornadas, que contan cun total de 120 prazas, teñen como principal obxectivo o intercambio e divulgación de experiencias didácticas dentro das aulas e de última aplicación. Para iso se organizan uns obradoiros aos que se poden inscribir profesores e que tratarán contidos sobre Programación, Robótica, Impresión 3D, Técnicas didácticas de aplicación práctica na  aula-obradoiro, experiencias innovadoras para a práctica docente na área, as TIC como recurso educativo, etc.

Na súa intervención, Gerardo explicou que o Concello de Verín patrocina o acto inaugural das xornadas, que terá lugar o 21 de abril, ás 16,30 horas, no Auditorio Municipal, no cal a empresa Ceo Aberto, experta en divulgación científica e tecnolóxica, ofrecerá a charla-espectáculo de Ciencia “De la rueda al laser". Pola súa banda, Sánchez confirmou na rolda de prensa que dentro das actividades programadas para as xornadas “ademáis dos obradoiros impartidos polos profesores, contaremos con varias conferencias didácticas nas que  participarán técnicos dos Museos Científicos de A Coruña, membros da empresa 3D_León -gañadora do concurso de impresoras 3D para dotar aos centros educativos-, e representantes da empresa Prodel de Madrid, na que traballan cun amplo abano de materiais dentro do mundo da Tecnoloxía.

Para todos aqueles que non sexan socios de Apetega, o custe da inscripción será de 60 euros, e gratuíto para os que xa o sexan. Eso si, será imprescindible que todos aqueles interesados formulen a súa correspondente inscrición ata o 17 de abril cubrindo o formulario online que se habilitará na páxina web do colectivo. 

Te puede interesar