MONTERREI

Verín apoia a prevención das condutas adictivas

20190610180009771_result
photo_camera Os xóvenes escoitaron algunhas testemuñas reais grazas a Alcohólicos Anónimos de Ourense.

Alumnado da vila participou nunha serie de charlas con testemuñas reais

Alumnado de Verín participou ao longo dos meses de maio e de xuño nunha serie de charlas informativas sobre conductas adictivas que foron impartidas nos Institutos Xesús Taboada Chivite, Castro de Baroncelli e no Colexio Apostólico Mercedario. 

No proxecto participaron membros da Agrupación Alcohólicos Anónimos de Ourense, que ofreceron a posibilidade aos mozos de escoitar testemuñas reais sobre as consecuencias que poden ter o abuso e consumo de sustancias. Os responsables dos centros educativos participantes nas xornadas valoraron moi positivamente esta iniciativa dado o "gran impacto causado entre os xóvenes". 

Os distintos encontros foron promovidos polos departamentos da Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) e o de Psicoloxía (Servizos Sociais) do Concello de Verín. Segundo sinalaron os técnicos municipais, a colaboración prestada pola Agrupación de Alcohólicos Anónimos foi totalmente desinteresada e dende alí mostraron un grande interese en seguir colaborando no proxecto coa Oficina de Xuventude e coa área de Psicoloxía do Concello de Verín. Tamén se informou aos mozos sobre o carné xoven.

Te puede interesar