música

"Verín enclave de gaita” tivo 200 visitantes en dous días

A Banda de Gaitas de Verín actuou na Praza da Merced.
photo_camera A Banda de Gaitas de Verín actuou na Praza da Merced.
os asistentes puideron facer un percorrido pola historia da gaita e indagar sobre a súa orixe e evolución a través das imaxes recollidas na investigación deste mestre

A mostra "Verín enclave de gaita" está a promover distintas actividades ao seu redor, como a actuación que tivo lugar onte coa Banda de Gaitas de Verín como protagonista e á que seguiu unha conferencia sobre a iconografía deste instrumento da man de Xosé Lois Foxo, director da Real Banda de Gaitas. 

Mediante esta proposta, os asistentes puideron facer un percorrido pola historia da gaita e indagar sobre a súa orixe e evolución a través das imaxes recollidas na investigación deste mestre.  A Banda de Gaitas de Verín foi a encargada de poñer a nota musical á xornada, e serviu como escaparate para a peza que encabeza a exposición principal do programa: o gaiteiro do retablo do Santuario de Vilamaior do Val. E é que os membros da agrupación visten un traxe inspirado nesta figura emblemática. 

"Verín enclave de gaita" sumou, en só dous días, máis de 200 visitas e poderase coñecer ao longo dos vindeiros meses no Museo Claustro Mercedario de Verín grazas á colaboración entre o Concello, o Obispado e a Escola Provincial.

Te puede interesar