Verín firma hoxe con Abanca un convenio a prol da cultura

A función teatral terá lugar mañá xoves, día 28 de novembro, e poderase ver a partir das 19.00 horas no Auditorio Municipal da localidade

O rexedor de Verín, Gerardo Seoane; o coordinador de Negocio Institucional de Abanca en Ourense, Mateo Alonso San Román, e a coordinadora Institucional de Afundación para Ourense e Lugo, Beatriz Fernández-Anguiano, asinarán hoxe mércores un convenio cultural de colaboración grazas ao cal o Grupo de Teatro Sénior de Afundación representará Os vellos namorados, unha versión de Os vellos non deben de namorarse de Castelao, na capital do Támega. 

A función teatral terá lugar mañá xoves, día 28 de novembro, e poderase ver a partir das 19.00 horas no Auditorio Municipal da localidade. A entrada será libre e de balde ata completar toda a capacidade do espazo. 

Esta iniciativa cultural organizouse no marco do proxecto "Corrente cultural" de Afundación, que considera a arte como "un instrumento imprescindible para fomentar o coñecemento e o desenvolvemento colectivo". Grazas a este proxecto, Afundación, a Obra Social de ABANCA, están a impulsar a  cultura en Galicia, ampliando a oferta artística máis aló das súas sedes e trasladándoa a diferentes localidades galegas para desenvolver tamén nelas as actividades da entidade. 

As iniciativas que conforman este ciclo parten dunha produción de nivel, con interese específico para a comunidade e unha estreita vinculación coa tradición e historia galega.

Te puede interesar